sábado, marzo 20, 2010
Novos escritores e TICs
Pálida Sombra.
Quero que isto sirva de exemplo para docentes de linguas, se queredes que escriban ben, mandádelles facer un blog de algo que lles guste, veredes como escriben.
Ola a todos/as!!
Hoxe estou moi contenta porque descubrín que unha ex-alumna miña ten un blog no que publica os seus propios relatos e faino moi ben.
Quen o ía dicir, unha alumna que tiña faltas de ortografía en 1º da ESO agora escribe relatos sen ningunha falta e moi ben redactados, o que fan as Tecnoloxías da comunicación, eh!!
O blog desta rapaza é
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
4 comentarios:
grazas pola entrada Araceli!
jajjaaa, si, si que tiña moitas faltas pero o de redactar xa me ía tirando!
A min o blog non mo mandou facer ninguén, pero si que é algo do que se aprenden moitas cousas, empezas a ler outros blogs e a opinión da xente e como pensa, aprendes moito sobre deseño e web e tes un sitio onde expresarte por enteiro e abrirte ó mundo.
O teu blog tamén é moi interesante, engadirei unha ligazón no meu para que te visiten!
un bico :)
Xa me imaxinei que ti o facías porque querías, e é unha boa iniciativa.
Alédome moito do teu progreso e graciñas polos comentarios!!
Bicos.
Araceli! Son Alejandra, unha ex-alumna túa, tamén! Non sey si te acordarás de min!Spero que sí.
Hai moito tempo que non sey nada de ti, spero que che vaia todo moi ben!
Un biquiño:)
Ola, Alejandra!! Claro que me acordo de ti, como olvidarvos, je, je! De momento, podo dicir que me vai todo moi ben, teño saúde, a miña familia está ben, teño o traballo que me gusta e un home estupendo que me quere moito. Q máis podo pedir. Non me queixo.
E ti que tal?? Q é da túa vida?? Conta algo, tes blog?? fotolog, si, verdade? A ver se te animas a facer un blog de algo que che guste a ti, como fixo Judith e así practicades a ortografía (antes de escribilo no blog, falo en word e xa che corrrixe os fallos, despois pégalo no blog e listo).
Cóidate moito e que che vaia ben nos estudos!!
Saudiños.
Publicar un comentario