viernes, abril 27, 2007

Nenos rebeldes, pais que non os aturan. Así está o noso país.

Inclúo aquí unha nova que atopei nun xornañ gratuito, concretamente o Metro do 26 de Abril do 2007. Pinchade na imaxe para agrandala e poder ler o texto. Trata sobre unha nai asturiana dunha nena rebelde que pide que o Principado se encargue da tutela da súa filla porque ela non a aguanta. Máis ou menos, é o que di. Achégovos a nova para que a leades e opinedes. Paréceme que é moi sinxelo pasa-lo relevo e non enfrontarse cos problemas. Non sei como é a rapaza en realidade, pero non creo que non teña solución. Non hai nenos imposibles, na miña opinión, cun pouco de paciencia e a terapia axeitada pódese solucionar calquera problema deste tipo. Por outra parte non me parece nada maternal a actitude da nai, debería ser capaz de facer algo ou levala a un psicólogo que lle axude a tratar coa nena. Isto sucede con moitos adolescentes de hoxe en día, desgraciadamente, este non é un caso illado. Hai moitos pais que se queixan da conducta dos seus fillos. É moi importante ensinarlles ós pais a tratar cos fillos rebeldes. Recoñezo que non é fácil e haberá pais que desistan no intento, ó igual que haberá outros que nin o intenten. Hai de todo. Tamén é certo que cada vez, os pais son máis e máis permisivos. Que un neno salga rebelde ou non depende en gran medida da educación que recibe, sobre todo, no ámbito familiar. Asique que non me veñan os pais dicindo que non aguantan ós seus fillos, porque cada un recolle o que sementa, como din na miña terra. Quizais estou sendo moi dura con esta nai, pero tan só é a miña opinión, cada un terá unha opinión distinta ó respecto. Agardo comentarios.

lunes, abril 23, 2007

Día do libro

Hoxe é o día do libro, (escolleuse este día, dende o ano 1930, porque foi cando morreu Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega, ano 1616) e que mellor maneira ca festexalo lendo un bo libro? Recoméndovos que vos poñades a ler un libro que vos guste, o meu favorito foi "Los Pilares de la Tierra" de Ken Follet. É coma se estiveses na Inglaterra da Idade Media, vivindo coma se foses un personaxe máis. Está moi ben narrado, na miña opinión, e "engancha". É bastante exteso, pero lese rápido porque é motivante, cada páxina incita a ler a seguinte, e a seguinte, e a seguinte, etc.

sábado, abril 14, 2007

Festa do viño!!

Ola a todos! Mañá, domingo 15, celebrase a XXVII Exaltación do viño da Ulla na parroquia de San Miguel de Sarandón (Vedra), é dicir, na miña parroquia. Estades todo invitados, je,je. Haberá viño de balde.

Neste enlace podedes ver como foi a festa en anos anteriores:

http://www.sanqueremos.com/inicio/vi%F1o06.htm

viernes, abril 13, 2007

O soño

¿Para que serve o soño? Este é un tema polo que sempre sentín curiosidade. Agora podo dar resposta a esta pregunta e a outros interrogantes que me plantexaba antes sobre a importancia do soño e de durmir. Ó parecer aínda non está moi claro para que serve soñar, pero unha das razóns máis consistentes que se dan é que serve para axudar na conservación e restauración dos depósitos de enerxía do organismo, a termorregulación cerebral, a desintoxicación do cerebro, nos procesos de restauración de texidos corporais e tamén na consolidación dos procesos de aprendizaxe e da memoria.

Si, si, parece ser que hai estudos feitos con xente á que lle mandaban memorizar algo e logo non lles deixaban durmir ben (evitaban que tiveran o chamado soño REM: Rapid Eye Movement, debido ó movemento rápido que facemos cos ollos mentras soñamos). Esta xente non recordaba case nada do que estudiaran. En cambio, xente que durmira ben (e que tivera o período de soño profundo ou REM) lembraba ben as cousas, aprendéranas.
CURIOSIDADES:
-Sabiades que un cabalo só dorme 3 horas ó día,
que un gato dorme ata 12 horas/día e

que os morcegos dormen entre 17 e 20 horas/día?

-O cabalo, a xirafa e os elefantes poden durmir de !

-Sabiades que os golfiños están sempre espertos porque deixan "durmir"só un hemisferio cerebral ou o outro alternativamente? Eu non o sabía. Seica poñen a durmir un hemisferio durante 6 horas e logo o outro. Só pasan un 43% do tempo cos 2 hemisferios espertos.

Dende que escoitei unha canción que dicía

"a veces me pregunto si los peces duermen"

(http://www.rockmusic.org/daniel/FlipandoEnColores.html) comeceime tamén eu a preguntar se tódalas especies durmían. E atopeime cun libro (do que saquei toda esta información) titulado Como funciona el cerebro, de Francisco Mora. Nel aparecen todas estas curiosidades. E puiden responder a esta pregunta. Si, o peixes ó igual cós réptiles e anfibios, dormen pero non soñan, carecen de soño REM.

-Sabiades que as moscas non dormen? Teñen períodos de maior e menor actividade, pero nunca descansan, por eso son tan pesadas.

-Mentras durmimos o noso cerebro traballa moito. Pódense rexistrar cambios eléctricos na actividade da corteza cerebral. Estas ondas mídense e, a partir de aí, sábese en que fase do soño estamos mentras durmimos: soño de ondas lentas (soño non REM) e soño paradóxico (soño REM). Estes ciclos sucédense cada 90 minutos aproximadamente.

martes, abril 10, 2007

Chocolate para baixar a tensión!!

OLA!!

Ó parecer o chocolate é moi bo para baixar a presión arterial, segundo informaron onte investigadores alemáns. Parece ser que é máis eficaz co té para baixar a tensión. Calquera alimento rico en cacao, axuda a baixar a presión sanguínea. Asique xa sabedes, dádelle un gusto ó corpo e non vos privedes deste delicioso manxar. Eu non o fago, je, je. Teño que recoñecer que me encanta. E agora que sei que é bo para a tensión, non penso perder de comelo. Claro que non hai que excederse. Todo en exceso é malo. Hai que controlarse.

viernes, abril 06, 2007

Ola!

¡¡Ola!!

Estiven ausente moito tempo, porque estiven sen ordenador. As novas tecnoloxías xa se sabe o que pasa con elas, un pouco van moi ben, outro pouco non van tan ben. Ademais, necesitan ser renovadas con frecuencia, e actualizadas. Ó igual que temos que facer nós.

Esta preciosa foto tamén ma enviaron ó blog e por iso a poño aquí. Gustoume moito. Gracias Vanesa.

Cumples!!

Ola!! Onte celebrámoslle o cumpreanos a miña curmá. A tarta non era coma esta, pero aproveito que me enviaron esta foto para dicirlle ós meus amigo e familiares q me lean, que para o meu cumpreanos quero unha tarta COMA ESTA!!!!! Q boa pinta ten. Ñam, ñam! Aínda que parece máis ben unha tarta dunha voda ... Non me importaría tela na miña, je, je, je!