viernes, diciembre 15, 2006

A páxina da universidade non está funcionando moi ben. Cada vez que quero entrar no foro ou na páxina de NNTT non podo. Xa que non podo facer comentarios no foro, fareinos aqui, je,je.
Estou nun colexio público integrado e hai infantil, primaria e secundaria. Os profesores de secundaria case nunca os vexo. Ós que máis vexo son os de primaria, que son os que van máis pola sala de profesores. Os de secundaria teñen menos horas de clase e non se quedan a comer no comedor porque só teñen clase pola tarde 2 días á semana e prefiren ir xantar á casa para así non ter que facer garda no comedor (porque se comen no comedor teñen que facer garda tamén, paréceme lóxico). Vexo que hai moitas diferencias no trato que se lles dá ós mestres e ós profesores. Os de primaria non cobran nada por ternos de prácticas e os de secundaria si o fan. Digamos que os de secundaria teñen máis privilexios cós de primaria. Ademáis disto creo que non hai moi bo rollo entre os mestres e os profesores do meu colexio. Noto algo raro. Non se relacionan moito. Non sei que pasaría, porque non falan moito de asuntos dese tipo diante miña. Tampouco me importan.

Chegou o Nadal!!

Ola!! Xa se acercan as vacacións de Nadal e acábanse as prácticas I. Só fomos un día cos nenos á aula de informática na clase de inglés. Creo que, se dá tempo, nesta semana que ven, imoslles poñer un DVD que trae o libro de texto. Esta semana foi todo sobre o Nadal. Estivemos decorando e empapelando o colexio todo con bonecos de neve e Santa Claus. Aínda non acabamos, seguimos para a semana. Neste colexio, pregúntaslle ó xefe de estudos e diche que hai de todo no tocante ás novas tecnoloxías. Sen embargo, á hora de usalas non se ven nas aulas. De feito hai 2 televisores con DVD nun almacén (un para primaria e outro para secundaria). Xa nos avisaron de que o colleran os do 1º ciclo, asique se o queriamos usar, xa non podemos. Menos mal que xa cadra ben e a miña titora non tiña intención de usalo. Éche o que hai.