martes, enero 30, 2007

Windows Vista

¡Ola ! Microsoft pon á venta en tendas de 70 países o seu Windows Vista, un novo sistema operativo que pretende xestionar mellor a explosión de medios dixitales e protexer ós usuarios dos perigos en Internet. Soa ben, ¿verdade? Só lle faltaba ser sofware libre, ¡ja, ja, ja!
Sorte para todos cos exames. ¡Eu xa teño un mañá!

viernes, enero 26, 2007

¡Un tractor que labra só!

¡Ola !
Entereime de que as "novas" tecnoloxías tamén chegaron ó campo. Si, si, os labregos poden agora controlar o tractor dende a casa cun ordenador. Este novo tractor ¡manéxase só!, ¡por GPS! Alucinate, ¿non? Pregúntome canto custará, se o poderá mercar calquera labrego ou só será para unha elite, que será o que suceda, claro.

lunes, enero 22, 2007

¡É a última clase!

¡Ola !

E xa estamos na recta final. Aínda que non se vía o fondo (coma na imaxe), parece que serviu para algo. [Dígoo porque foi unha materia que nos deu moito traballo, parecían interminables os traballos que había que facer, acababamos un e xa tiñamos outro enriba. Sen embargo, foi bastante útil todo o contido dela]. Dende o principio ata hoxe non deixamos de aprender, polo menos eu, que de ordenadores entendía o básico. Aprendín que unha presentación multimedia non é só texto e aprendín a valorar máis o poder da imaxe. Descubrín as utilidades do foro. Aprendín a crear un blog, que foi unha experiencia positiva. Aínda que ó principio me custaba bastante escribir nel, despois collínlle o gustillo e agora penso continuar con el. Tamén aprendín a avaliar os distintos tipos de software educativo que hai e isto serviume para saber distinguir os que son constructivistas dos que non o son. Isto parece unha tontería pero en realidade é bastante difícil atopar software realmente constructivista. Tamén entrei en contacto por primeira vez coas WebQuests, que significaron un cambio radical no xeito de ensinar, para min. Son realmente constructivistas (se se fan ben) porque plantexan unha tarefa inicial ó alumnado e este ten que ila elaborando coa axuda dos recursos que se lle dan xa buscados, para que o alumnado non perda o tempo buscando e seleccionando a información na rede. E agora estamos co portafolios, que é unha ferramenta para reflexar o noso proceso de aprendizaxe. Tampouco coñecía a existencia dos portafolios e parécenme útiles tanto á hora da avaliación por parte do profesor como para a propia autoavaliación do noso traballo. Creo que se vai botar de menos esta materia. Sen embargo, serviu para que aprenderamos as bases para así poder nós buscarnos a vida nun futuro, cando sexamos mestres/profesores. Hai que ter en conta que é moi importante estar ó día, en materia tecnolóxica sobre todo.

sábado, enero 20, 2007

A ver se acertades:

"Cando pronuncias o meu nome, desaparezo". ¿Quen son?
A ver, que o tempo pasa e eu quero ver comentarios aquí dicíndome posibles respostas, veña, animádevos.

¡¡Por fin!!

Ola a tódolos que me leades!! ¡¡Por fín rematei a memoria das prácticas!! ¡¡E o traballo de Organización!! Xa só queda o traballo de bases, o portafolio e tres máis de linguistica aplicada, e xa remato. ¡Buff! Case nada, pero polo menos séntese un máis libre cando remata algún.
Sei que non ten nada que ver coas TIC pero apetecíame dicirlle a alguén que xa rematei 2 dos tantos traballos que tiña que facer.
De tanto teclear, xa sei escribir sen mirar para o teclado, con tódolos dedos e a unha velocidade case de secretaria!! Non lle atopo utilidade ninguha á memoria, pero polo menos serviume para coller rapidez á hora de mecanografiar, je, je. Algo é algo. Ánimo a tódolos que non acabarades cos traballos.

viernes, enero 19, 2007

O paso dos anos

Ola !!
No colexio onde estiven de prácticas (o CPI de Vedra) había murais nas paredes feitos polos alumnos con motivo do 25 aniversatio do colexio. Un deles é este que vos achego aquí. Póñoo no meu blog porque, nel, vese a evolución do ensino ó longo destes anos, e ¡ata se aventuran a predicir cómo será nun futuro! Non ten desperdicio, vese a evolución do papel do mestre, dos recursos, etc, etc.

jueves, enero 18, 2007

A Blogueira máis nova

OLA !! Este é o caso dunha nena de 8 aniños que xa ten un blog no que publica ¡case tódolos días! Chámase Paula e é galega, de Boiro. Este é outro sinal de que a sociedade está avanzando e de que os mestres nos quedamos atrás. Espero que poidamos pillarlle o ritmo.

Teño que recoñecer que me cundíu este xornal, ¡eh! Case nunca merco o xornal, e un día que o merco atopo unha chea de cousas relacionadas coas TIC e a educación. Será sinal de que cada vez se fala máis delas porque empeza a haber unha conciencia colectiva sobre a súa utilidade e o seu potencial. É sinal de cambio.

WebQuests para todos!

¡Ola !
Parece que non sómo-los únicos que trabalamos con WebQuests. Lede esta noticia de La Voz de Galicia do día 17/01/07. Nela explícanse as partes duha webquests (a boas horas, ¿non? agora que xa a fixemos, ¡je, je!) O interesante é que van dar un curso para aqueles profesores que non sabes o que son para que as inclúan no blog e o fagan cos alumnos. Parece que nos imos poñendo ó día, ¿non credes?

Navegando sen tutela

Ola !! Na Voz de Galicia de onte dise que a o 64% dos nenos/as menores de 11 anos navega pola rede sen tutela de ningún adulto. Moitos deles reciben correos non desexados e algúns deles admitiron sentir medo navegando!! Podedes pinchar na foto para ler a noticia.

martes, enero 16, 2007

SQUEAK

OLA !! Que tal vai todo? Esquecínme de falar de Squeak! Que é un programa con base constructivista, baseado nas teorías de Bruner, principalmente. Na última clase puidemos ver como nenos dunha escola americana traballaban con este programa e aprendían xogando. Podían experimentar, observar e contrastar hipóteses ata chegar a unha conclusión. Pareceume algo fantástico e algo que debería existir para tódalas materias e en tódolos centros educativos.

Haberlas, hailas!

Hey! Hai que poñerse serios que esto léeo máis xente da que eu pensaba.
Primeiro, ¡ola a tódolos que me estean lendo! Sempre hai alguén que le o que escribes, aínda que non nos decatemos! Ja, ja :) Por un lado está moi ben, para iso se fai o blog, non? O que pasaba é que eu pensaba que isto non o lía ninguén, pero ¡¡Siiiii!!
En fin, parece que esta asignatura xa está chegando ó seu fin. Hai que dicir que deixou bo sabor de boca e ganas de seguir experimentando coas TICs. Xa podemos dicir que sabemos valorar o software educativo que hai pola rede (e sen ser da rede), facer unha presentación MULTIMEDIA, facer unha webquest, crear un blog, etc, etc. E todo isto en catro meses escasos! E agora queda o portafolio. Ala, voume poñer mans á obra!! Moita sorte a todos!

viernes, enero 12, 2007

¡Un vídeo de proba!

Este vídeo púxeno de proba. É q me apetecía poñer un vídeo musical no meu . Non é que me gustara pola canción nin polo video, foi simplemente polo calendario dixital e táctil que se pode ver no comezo do video. Paréceme algo interesante. Eu quero un así!! Alguén sabe se se fabrican aqui?? O malo é q os Reis xa marcharon, ji, ji.

Tamén adxunto a foto do calendario ou organizador ou como se chame:

Bromas a parte, aquí é onde se ve que os que teñen cartos son os q teñen máis oportunidades de acceder ás últimas tecnoloxías. Deberían ser máis accesibles. Deberiamos potenciar o software libre. Xa me enterei tamén de que hai un ordenador portátil de 100$ pero aqui non se comercializa, de momento! Tamén é dunha empresa de software libre. Dende aqui, doulle as gracias ós que se adican a facer desas cousas e anímoos a que sigan. [sinceramente, non creo que ninguén o lea, pero a intención é o q conta, non?]

Xirasoles pa Ha!

Ola!! Isto é para a miña mellor amiga, q seica o botaba de menos. COIDATE MOITO!!

miércoles, enero 10, 2007

Violencia nas aulas

Ola!! Como puidemos comprobar algúns de nós durante as prácticas, os nenos son cada vez máis violentos e maleducados. O malo é que cando coñeces ós pais, pensas no bo que era o rapaz en comparación con eles, ou pregúntaste como non sairía aínda peor do que saíu tendo eses pais. Neste rap denúnciase esa situación de consentimento por parte dos pais. Aquí vos deixo o enlace, tedes que abrir o rap nº 30 "El Rap de la violencia en las aulas". Acéptanse comentarios. http://www.m80radio.com/nosomosnadie/audios_raps_2006.html