sábado, septiembre 29, 2007

Pónse á venta o ordenador de 100$, pero non custa 100$.

Si, como o ledes. En novembro, o día 12, para ser máis exacto, pónse á venta o xa famoso portátil de 100$. O que pasa é que pagas algo máis de 100$ porque ó mercalo, é coma se mercaras 2, un é para ti, e o outro vai para un neno dun país subdesenvolvido. Boa idea, non? Pregúntome eu cantos se venderán. ...

Máis ideas do todopoderoso "Goooooooooogle"

Isto xa parece Microsoft, tanto monopolio, ... Aquí vai un vídeo sobre Google Docs

domingo, septiembre 16, 2007

Cleopatra Stratan

Esa nena tan pequena (4 anos) xa é unha artista famosa en Rumanía e en moitos máis países (en parte porque é filla dun cantante moldavo, de 37 anos, tamén coñecido). A súa canción "Ghita" non para de sonar e o seu videoclip é un dos máis vistos en internet. O certo é que é pegadiza a canción, non quere dicir que sexa boa, pero é das comerciais, que venden, e os pais estaranse forrando a conta da nena. Espero que lle garden o que gañe para pagarlle os estudos.