jueves, junio 26, 2008

Protesto!!

Ola a tódolos/as bloger@s do mundo, en especial os de Brasil, que son os que máis entran no meu blog, je, je! Xa fai moito tempo que non escribo nada porque estou bastante liada, pero o outro día pasou algo que non me cabe no corpo se non o manifesto. Estou opositando para educación primaria, o sábado dia 21 foi o exame escrito das oposicións (parte A da proba). Resulta que redistribuiron a xente que estaba matriculada, supoño que para igualar o número de opositores matriculados por tribunal. O caso é que a xente que se matriculara nun sitio, ó final tivo que ir para outro. A única maneira de saber para onde te mandaran era estando atentísimo/a á páxina web da Xunta (máis ca do teu email) e mirar tódolos días a ver se había algo distinto. Houbo xente que non o fixo así e non se enterou de que os cambiaran de sitio, polo tanto, non acudiron o día da presentación ó sitio onde tiñan que ir. Estivemos agardando por eles un chisco pero como non aparecian, o tribunal procedeu a excluilos do proceso como di a convocatoria. Como por arte de maxia, (na miña opinión, dalgun/ha fada/o madriña/padriño, se se me permite o atrevemento)ó día seguinte pola mañá a Xunta comunícalles a estas 4 persoas que estaban readmitidas no proceso e que se tiñan que presentar no sitio que lles correspondía para facer a parte A da proba. Ata aquí ben, o malo é que o resto dos 503 opositores de toda Galicia tivemos que estar agardando case 2 horas a que chegaran ó sitio no que tiñan que ter aparecido antes. No canto de comezar o exame ás 10:00 h. como estaba previsto, tivéronnos agardando, consumíndonos dos nervos, ata ás 11:45 h. (Se o sei madrugo menos!!) Non me parece xusto para os demáis opositores, nin axeitadas as medidas que tomaron. Podíanlles deixar examinarse no sitio no que estaban e non ter a toda Galicia agardando por eles. Xa poden ser importantes. Heime fixar se sacan praza. Saúdos a todos/as!!