viernes, octubre 31, 2008

Novo Blog

Ola a todos e todas! De agora en adiante vou escribir menos neste blog porque veño de facer un blog para o colexio onde traballo. Sen embargo, isto non quere dicir que vaia a abandonar este, só que comentarei máis cousas no outro, asique se queredes estar ó día do que fago no cole, xa sabedes visitade o noso blog e cmentade, por favor! Este é o enlace: http://ceipsanxoanbautista.blogspot.com Espero os vosos comentarios e suxerencias. Estas novas profes que aprobaron a oposición canda min, que comenten e dean ideas, please! Saúdos a todos e todas!

sábado, octubre 04, 2008

Tributo a Nevado

Sei que isto non pinta nada aquí, pero é que tiña un gatiño precioso, o máis bonito do mundo. E digo tiña porque mo atropelaron onte á noite e agora xa non o teño. Asique para que o coñezades vou publicar aquí algunhas fotos del, para recordalo. Non me afago á idea de estar sen el, o certo e q o vou botar moito, moito de menos.

Segunda fase das oposicións

Ola a todos/as!! Por fin acabou o estrés das oposcións. Agora estou na fase de prácticas e o certo é que non é menos estresante!! Teño alumnos de todolos tipos (bos, rebeldes, intelixentes, menos intelixentes, casos de PT a montóns, etc.) Vamos, que non me aburro. Teño sorte que os compañeiros de traballo me caen ben (todos menos un, je, je, sempre ten que haber unha ovella negra no rabaño, non?) e o traballo lévoo ben, dentro do que cabe. Estou cerca da casa (a 35 minutos en coche). O malo é que son a única profesora de inglés do colexio (porque é un colexio pequeno) e téñolle que dar clase a tódolos alumnos do cole, incluídos os de infantil. Os máis pquenos cóstanme algo máis porque non estou acostumada a tratar con eles. Os que máis me gustan son os de 6º. Ademais de dar inglés, tamén dou coñecemento do medio en 6º e plástica e lecturas en 2º e 3º (que están na mesma aula debido a que son poucos). O que máis mal levo é iso de ter dous cursos xuntos na mesma aula. Temos os de 2º e 3º nunha aula e os de 4º e 5º noutra. Para min estes grupos resúltanme máis difíciles de levar por iso e ademais porque hai rapaces de PT que che dificultan aínda máis o traballo, pois esixen unha atención constante que non lles podes prestar debido a que tes que atender ó grupo enteiro. Ademais, tamén me ofrecín a limpar e organizar o labratorio do colexio (que estaba destinado a almacén e non se usaba) para usalo en coñecemento. Ademais, tamén temos encerado dixital na aula e estoume poñendo ó día con el, onte xa dei a miña primeira clase nel co sde 6º en coñecemento. Está xenial! Os nenos/as están moi motivados por traballar no encerado dixital e todos queren sair voluntarios. Encántame ver como se divirten aprendendo. Eu tamén estou aprendendo moito!! Son demasiado boíña para este traballo, e teño que aprender a ser algo máis mala e esixirlles máis. Isto estame custando enormemente! Ós de 6º fíxenlles un exame de coñecemento da primeira UD o mércores pasado e só me suspendeu unha alumna. O certo é que estaban bastante ben os exames, cumprían os criterios de avaliación, pero outra profesora díxome que fora bastante xenerosa corrixindo. Terei que ser máis dura, a ver se me sae, pero non prometo nada. Deséxolles moita sorte ás miñas compañeiras que tamén están na fase de prácticas. Espero que lles vaia moi ben. Saúdos a todos/as.