sábado, marzo 20, 2010

Bilingüísmo e multilingüísmo

Xusto o que non temos nós, paradóxicamente, somos unha sociedade con 2 linguas oficiais e cada vez a idea de ser bilingüe parécese máis a unha utopía. No canto de fomentar o uso das dúas linguas por igual o que se fai é darlle ós pais a oportunidade de elixir a lingua de escolaridade dos fillos/as (pais que pensan que o galego non seve para nada máis ca para falar en Galicia). Como van estas persoas escoller obxectivamente se non coñecen nin saben o que é unha lingua. Baséanse na visión utilitarista e instrumental das linguas. Tódalas linguas serven, non hai linguas máis ou menos útiles ca outras. As linguas son unha parte da nosa cultura, e como tales, actúan como vehículo de transmisión da cultura, costumes, modo de ver o mundo, de pensar, etc. Se non permitimos que cada un coñeza as súas linguas como é debido, estámoslle quitando un dereito e unha oportunidade de ser doutra maneira. O feito de ser bilingüe é moi enriquecedor, predisponte a aprender outras linguas con máis facilidade. Ser multilingüe axuda a desenvolver a intelixencia, está demostrado. Por iso non entendo como hai xente que aínda pense que unha lingua non serve para nada. Dende aquí, humildemente, ínstovos a que fomentedes o multilingüismo.

7 comentarios:

Judtth dijo...

puff... este tema troixonos de cabeza no insti, fixemos montón de debates en clase e traballos...!
eu e que penso que non se pode meter na misma gaiola unha lebre e un zorro. En Galicia toca fomentar o galego porque si poñemos a pares galego e castelán, o zorro come a lebre.
Pero eso non saca de que se deba abrir a mente e as aulas a otros idiomas. Cantos máis mellor, pero non poñamos a misma altura os propios dos estranxeiros.

un bico Araceli :)

rodrigo dijo...

tua lingua e italiana punte basta e isso o q eu sei fala

rodrigo dijo...

tu fala em italiano punte e basta e isso que eu sei fala obrigado bjj gosto muilto do meu blog bj??????

Morano dijo...

Magua que todos os profes non pensen o mesmo, xa non digo das xentes que entenden menos, non nos decatamos de que se non promocionamos a nosa lingua, perderemos a nosa cultura e deixaremos de ser quen somos.Tanto que queremos a galicia e matámola nos mesmos.

Araceli dijo...

Rodrigo, eu falo galego, de Galicia, España, non italiano.

Masús L. dijo...

Olá, parabéns polo artigo. Nom vou a comentar nada máis, porque penso que ja o dixe-ches todo. A lingua é como umha nai, ou para mim assi o é.A melhor maneira de conservar umha, é falandoa. Umha apreta.

Illa.Alba dijo...

Estou de acordo coa túa entrada. Non é só cuestión de riqueza limgüística, ao renunciar ao idioma da nosa terra tamén o facemos a parte da nosa cultura, a unha parte fundamental de nos mesmos.