jueves, noviembre 30, 2006

Unha viñeta de Mafalda para alegrar o día. Como vemos, os nenos non están motivados no colexio. Isto é porque a realidade que viven contrapónse coa do colexio. Non se corresponden. Debemos intentar que os nenos lle vexan unha utilidade real ó que aprenden para que estean máis motivados. Isto pode resultar difícil a primeira vez, pero logo xa non o é. Neste periodo de prácticas estou apreendo moito. Tamén vexo cousas que non se deberían facer, pero aprendes a diferenciar o que está ben do que non o está.

lunes, noviembre 27, 2006

Prácticas I

Ola! Neste primeiro período de prácticas estou vendo que as tecnoloxías da informacion e da comunicación non se usan moito no colexio no que estou. Mellor dito, non se usan nada. Parece que aquí estas prantas non florecen. Quizais non as reguen ben.

lunes, noviembre 13, 2006

WebQuest

Hoxe aprendemos a realizar unha webquest. Non é difícil, pero hai que saber como se fai. Parece ser que a webquest é un material constructivista! Menos mal que atopamos algo! Agora o difícil é facer nós unha que sexa realmente constructivista. Que tarefa!!

miércoles, noviembre 08, 2006

Software educativo

Cada vez convénzome máis de que isto das novas tecnoloxías é unha trampa. Buscando software educativo para o 2º traballo non conseguimos atopar ningún que responda ás características dun material constructivista. Iso é deprimente. Despois de insistirnos tanto en que temos que intentar ser constructivistas, métennos material conductista. Cal é o propósito? Que toleemos? Que inventemos nós o noso propio software? Algún día....