lunes, octubre 30, 2006

Realidade

O certo é que é un pouco chocante ver como algúns só se preocupan de propagar a importancia das TIC na nosa sociedade sen atender antes ás necesidades primarias. Con esta foto vese como só se prima o rentable económicamente para as grandes multinacionais. Cando poderemos cambiar de veras a nosa sociedade para mellor? Cando poderemos ser todos realmente iguais? Se non rompemos co que impera hoxe en día (globalización, beneficio económico ante todo, manipulación, corrupción, paraísos fiscais, e un longo etcéttera) non conseguiremos nada, porque estaremos determinados polo feito de vivir nesa sociedade neoliberal.
October, 31st
De paso aproveito para felicitar o Halloween!! que é mañá.

sábado, octubre 28, 2006

Horario

Ei! Esta noite cambia a hora. Temos unha hora máis para ... ... ... acabar o traballo desta asignatura.

STRESSS!

Esto das tecnoloxías non sei eu ata que punto facilitan o traballo. Estoume facendo un lío co calendario da páxina da asignatura, que pon unha data para entregar o traballo e mais o apartado dos traballo desta mesma páxina, que pon data ilimitada. Por culpa diso deixamos o traballo un chisco abandonado e agora temos que poñernos as pilas para podelo entregar estel luns! Creo que non imos poder incluir sons nin outros efecto na presentación, non imos ter tempo!!

sábado, octubre 21, 2006

Cita:

"Technology is neither good nor bad... But neither is it neutral"
Melvin Kransberg, historiador.
Incluín esta cita aquí porque define moi ben a miña visión das TIC.

Por fin!!

Ola a tod@s! Hoxe estou contenta porque por fin conseguín, despois de quedarme ata as tantas, enviar o mapa conceptual. Non era tan difícil, pero "o que non sabe é coma o que non ve". Por se tedes o mesmo problema que tiven eu dígovos como fixen para solventalo: Primeiro gardades o mapa no programa de Cmap-tools, logo tedes que darlle a "exportar" e ábresevos unha ventá para gardalo en "mis documentos", podedes escoller a carpeta que queirades. O que pasa aquí é que dádeslle a "guardar" e non o garda. Tedes que cambiarlle de nome ó archivo. Eu borreille a última parte do nome e xa mo gardou sen problema. Tedes que escoller o formato (.jpeg, .pdf, etc). Eu mandeino coma unha imaxe (.jpg). Espero que vos servise de axuda, se eu tivese alguén que mo dixese antes xa non quedaba ata as tantas para acabalo. Creo que o vou poñer tamen no foro, por se entrades nel, sempre hai máis posibilidades de que o vexades alí ca no meu blog, creo eu. Un saúdo. [estame gustando isto do blog, ten o seu aquel]

viernes, octubre 20, 2006

Hoxe puiden facer o meu primeiro comentario no foro de debate.[ Xa o intentei onte pero non puido ser porque empezou a tronar e tiven que apagar o ordenador]. Estou co do mapa conceptual, pero estame custando un pouco, paréceme moita información para meter nun mapa só. Pediríavos que por favor me mandarades algún comentario (se se vos pasa pola mente ver o meu blog) con respecto ó do mapa. Graciñas por adiantado!

Aprendendo ...

Teño que recoñecer que esto das TIC é moi amplo. Non sabía que houbese tantos sitios onde buscar. Ignorante de min, pensaba que só se podía buscar na rede.

jueves, octubre 19, 2006

Traballo

Aqui estou, aventurandome con unha nova entrada neste blog. O certo é que non teño moi claro o que hai que poñer. Con respecto á asignatura, xa lin os textos que había que ler. Ademáis, xa fixemos os grupos para realizar o traballo e xa repartimos as tarefas. Agora estou coa realización do mapa conceptual.

lunes, octubre 09, 2006

TICs: A miña relación cas "novas" tecnoloxías é unha relación de desconfianza. Paréceme que son moi útiles pero creo que hai que sabelas manexar moi ben para non ter problemas. Ademáis, a internet é un tanto perigosa porque entra de todo no ordenador (espías, viruses, etc, etc.). Sen embargo, utilízoas, a pesar do risco que conlevan, unhas porque as necesito, e outras por gusto.

Un xirasol

Benvid@s

Ola!