lunes, marzo 22, 2010

Festa do Viño da Ulla

Estimados lectores/as, cada vez queda menos para o mes de abril e con el, ven a festa do viño da Ulla. Xa van alá 30 anos da súa exaltación, celebrarase (se Deus quere) o día 11 de abril en San Miguel de Sarandón, Vedra. A entrada é libre e estades todos convidados/as. Aquí vos deixo o programa da festa. No apartado de enlaces tedes o blog da festa por se queredes comentar ou suxerir algo. Saudiños.

sábado, marzo 20, 2010

Bilingüísmo e multilingüísmo

Xusto o que non temos nós, paradóxicamente, somos unha sociedade con 2 linguas oficiais e cada vez a idea de ser bilingüe parécese máis a unha utopía. No canto de fomentar o uso das dúas linguas por igual o que se fai é darlle ós pais a oportunidade de elixir a lingua de escolaridade dos fillos/as (pais que pensan que o galego non seve para nada máis ca para falar en Galicia). Como van estas persoas escoller obxectivamente se non coñecen nin saben o que é unha lingua. Baséanse na visión utilitarista e instrumental das linguas. Tódalas linguas serven, non hai linguas máis ou menos útiles ca outras. As linguas son unha parte da nosa cultura, e como tales, actúan como vehículo de transmisión da cultura, costumes, modo de ver o mundo, de pensar, etc. Se non permitimos que cada un coñeza as súas linguas como é debido, estámoslle quitando un dereito e unha oportunidade de ser doutra maneira. O feito de ser bilingüe é moi enriquecedor, predisponte a aprender outras linguas con máis facilidade. Ser multilingüe axuda a desenvolver a intelixencia, está demostrado. Por iso non entendo como hai xente que aínda pense que unha lingua non serve para nada. Dende aquí, humildemente, ínstovos a que fomentedes o multilingüismo.

Novos escritores e TICs

Ola a todos/as!! Hoxe estou moi contenta porque descubrín que unha ex-alumna miña ten un blog no que publica os seus propios relatos e faino moi ben. Quen o ía dicir, unha alumna que tiña faltas de ortografía en 1º da ESO agora escribe relatos sen ningunha falta e moi ben redactados, o que fan as Tecnoloxías da comunicación, eh!! O blog desta rapaza é Pálida Sombra. Quero que isto sirva de exemplo para docentes de linguas, se queredes que escriban ben, mandádelles facer un blog de algo que lles guste, veredes como escriben.