jueves, septiembre 10, 2009

Curso novo, vida nova

Ola a todos/as, Xa fai tempo que non escribo aquí, pero non me esquezo. Hoxe comeza o novo curso e con el, cole novo para min. Agora estou no CEIP Pérez Viondi, de A Estrada. O cambio foi brutal. Pasei dun colexio pequeniño a un "linea 3" bastante grande. Polo menos só vou dar clases de inglés e os cursos están separados, non están agrupados distintos cursos na mesma aula. Voulles dar clase ós máis pequenos: todos os de infantil menos un grupo de 4 anos, todos os primeiros e dous segundos. Somos sobre 20 profesores no cláustro e todos son moi simpáticos, cáenme ben todos menos un, (sempre hai unha ovella negra no rabaño, ji, ji). O de "vida nova" do título vai porque vou casar este sábado, coincidindo coa volta ó cole e iso supón un "gran cambio" na vida de calquera. Espero que todo salga ben e non pasen máis desgustos, que xa tivemos abondos. Agora queda desfacerse cos neeeeeeeerrrrvios e ultimar os detalles que faltan. Os últimos días son matadores, entre atender ós invitados que che veñen traer os agasallos, ir polos traxes, ir á peluquería, levar os detalles para o restaurante antes, coller as alianzas, etc., etc., etc., e non paramos. Que ben vai sentar a lúa de mel para relaxarse de tanto estrés. Parece unha tontería pero estou máis estresada agora co da voda ca nunca, e iso que estiven traballando e mais estudando e facendo o doutoramento ó mesmo tempo e durmía 5 horas e non estaba así! Esto consome a calquera. Menos mal que a min, os nervios, empezáronme fai dous días, porque se me chegan a dar antes seguro que xa non chego ó sábado viva. Buuuffffff!!!!! Bueno, vou volver ó choio. Saudiños para todos/as! :P