
lunes, marzo 22, 2010
Festa do Viño da Ulla

sábado, marzo 20, 2010
Bilingüísmo e multilingüísmo
Xusto o que non temos nós, paradóxicamente, somos unha sociedade con 2 linguas oficiais e cada vez a idea de ser bilingüe parécese máis a unha utopía. No canto de fomentar o uso das dúas linguas por igual o que se fai é darlle ós pais a oportunidade de elixir a lingua de escolaridade dos fillos/as (pais que pensan que o galego non seve para nada máis ca para falar en Galicia). Como van estas persoas escoller obxectivamente se non coñecen nin saben o que é unha lingua. Baséanse na visión utilitarista e instrumental das linguas. Tódalas linguas serven, non hai linguas máis ou menos útiles ca outras. As linguas son unha parte da nosa cultura, e como tales, actúan como vehículo de transmisión da cultura, costumes, modo de ver o mundo, de pensar, etc. Se non permitimos que cada un coñeza as súas linguas como é debido, estámoslle quitando un dereito e unha oportunidade de ser doutra maneira. O feito de ser bilingüe é moi enriquecedor, predisponte a aprender outras linguas con máis facilidade. Ser multilingüe axuda a desenvolver a intelixencia, está demostrado. Por iso non entendo como hai xente que aínda pense que unha lingua non serve para nada.
Dende aquí, humildemente, ínstovos a que fomentedes o multilingüismo.
Novos escritores e TICs

Suscribirse a:
Entradas (Atom)