viernes, abril 27, 2007

Nenos rebeldes, pais que non os aturan. Así está o noso país.

Inclúo aquí unha nova que atopei nun xornañ gratuito, concretamente o Metro do 26 de Abril do 2007. Pinchade na imaxe para agrandala e poder ler o texto. Trata sobre unha nai asturiana dunha nena rebelde que pide que o Principado se encargue da tutela da súa filla porque ela non a aguanta. Máis ou menos, é o que di. Achégovos a nova para que a leades e opinedes. Paréceme que é moi sinxelo pasa-lo relevo e non enfrontarse cos problemas. Non sei como é a rapaza en realidade, pero non creo que non teña solución. Non hai nenos imposibles, na miña opinión, cun pouco de paciencia e a terapia axeitada pódese solucionar calquera problema deste tipo. Por outra parte non me parece nada maternal a actitude da nai, debería ser capaz de facer algo ou levala a un psicólogo que lle axude a tratar coa nena. Isto sucede con moitos adolescentes de hoxe en día, desgraciadamente, este non é un caso illado. Hai moitos pais que se queixan da conducta dos seus fillos. É moi importante ensinarlles ós pais a tratar cos fillos rebeldes. Recoñezo que non é fácil e haberá pais que desistan no intento, ó igual que haberá outros que nin o intenten. Hai de todo. Tamén é certo que cada vez, os pais son máis e máis permisivos. Que un neno salga rebelde ou non depende en gran medida da educación que recibe, sobre todo, no ámbito familiar. Asique que non me veñan os pais dicindo que non aguantan ós seus fillos, porque cada un recolle o que sementa, como din na miña terra. Quizais estou sendo moi dura con esta nai, pero tan só é a miña opinión, cada un terá unha opinión distinta ó respecto. Agardo comentarios.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Yo tambien vi esta noticia en el periodico, no se la cara q se me quedo pero me hubiera gustado verla. En fin, sin comentarios...