lunes, abril 23, 2007

Día do libro

Hoxe é o día do libro, (escolleuse este día, dende o ano 1930, porque foi cando morreu Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega, ano 1616) e que mellor maneira ca festexalo lendo un bo libro? Recoméndovos que vos poñades a ler un libro que vos guste, o meu favorito foi "Los Pilares de la Tierra" de Ken Follet. É coma se estiveses na Inglaterra da Idade Media, vivindo coma se foses un personaxe máis. Está moi ben narrado, na miña opinión, e "engancha". É bastante exteso, pero lese rápido porque é motivante, cada páxina incita a ler a seguinte, e a seguinte, e a seguinte, etc.

1 comentario:

cris dijo...

Encantoume ese libro!! Aínda tenño marcadas certas páxinas nas que fala dunha santa que non eran capaces de matar, que me fixo moita gracia porque era Sta. Cristina. A mín meteume o gusanillo dese libro a miña mellor amiga que o leu xusto cando estabamos de excursión nas Inglaterras adiante. Puidemos visita-la catedral de Salisbury, e recordo que lle encantou pensar que o mesmiño Tom puidese construír aquilo. Cando por fin o lin creo que me durou só 3 dias.