martes, marzo 20, 2007

Día pocho

¡¡Ola!!

Hoxe non me atopo nada ben, teño febre e dóeme a cabeza. Espero que se me pase pronto.

Sen embargo, quería escribir algo, porque xa fai tempo que non escribo nada aquí. O venres pasado lin no xornal que un mozo de anos reclamara ante un xuíz que seus pais lle deberían subir a paga. Ó parecer, os pais pagábanlle 150€ por mes ó rapaz, o cal vivía con eles na casa. O xuíz desestimou a súa petición debdo ó baixo soldo do pai. Eu pensaba que lla ía desestimar porque xa era maior de 21 anos e non, foi porque o pai gañaba 700€. En fin, ...

Chámovos a atención sobre a idae do rapaz, non porque estea vivindo cos pais, senón polo feito de esixir unha paga dos pais a esa iade. Paréceme que esta sociedade está dexenerando moito. A min daríame vergoña que ós 22 anos, me tiveran que seguir mantendo meus pais. E encima ¡esixirlles que me paguen máis! Iso é o colmo dos colmos.

Cando se decatarán os pais de que non están educando ben ós seus fillos?? Cando os asasinen?? Sei que soa moi forte o que estou dicindo, pero é a pura realidade. Desgraciadamente, cada día enterámosnos polo xornal ou por calquera outro medio de comunicación de que unha persoa matou ós seus pais, ou á parella, etc., etc.

Esta sociedade necesita un cambio profundo. E este cambio ten que empezar no seo familiar, se non empeza aquí, no colexio levámolas de perder. Eu son das que pensa que a base de toda educación radica na familia, e por moito que se faga no colexio ou en calquera outra institución educativa, se non hai uns mínimos cubertos na familia, non conseguimos nada. Ó contrario: se na casa lle din unha cousa e no colexio lle dicimos outra ós nenos/as, o único que conseguimos é lialos máis e contribuír a crearlles un sentimento de confusión.

Si, hoxe os nenos/as están confundidos ante tanta información que reciben. Non están preparados para tratar con ela e non hai quen lles ensine a facelo. No colexio inténtase, pero cando o/a neno/a chega ó colexio, xa é tarde para empezar con esa educación, a cal tiña que ter empezado no seo familiar dende que nace a criatura.

Bueno, non vos aburro máis con isto, aínda que eu podería seguir falando largo e tendido sobre este tema. Polas cousas que estou vivindo no colexio mentras estou de prácticas, percibo claramente as carencias da educación familiar. Isto faime sentir impotente. Dáme rabia non poder facer nada. Pero é o que hai. É a sociedade que nos tocou vivir e hai que intentar cambiala aínda que non se consiga nada, polo menos intentalo, non? Eu penso seguir intentándoo, e cando traballe como mestra/profesora penso intentar cambiar a sociedade, polo menos, parte dela.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

ola! q tal? eu pasaba a saudar, q fai moito q teño estos lares abandoados polas prácticas. Menos mal q xa rematan e ameazo con volver a facer visitas e actualizar o meu blog. Ti q tal de prácticas? eu nestas acabei morta todos os días pero pasáronseme moito máis rápido q as primeiras, sería polos estreses...!

Araceli dijo...

OLA!!
Eu lévoo moi ben! Tes razón, estas prácticas pasaron máis rápido cás de 2º. Eu xa fun facendo a memoria cada día, xa a teño case acabada, fáltame a sesión de mañá e listo, só queda darlle os últimos retoques.
Pois a ver se deixa de ser unha ameaza e se transforma nun feito, o de que veñas a clase, porque xa se che bota de menos. Coidate!! e ata pronto!!