miércoles, enero 10, 2007

Violencia nas aulas

Ola!! Como puidemos comprobar algúns de nós durante as prácticas, os nenos son cada vez máis violentos e maleducados. O malo é que cando coñeces ós pais, pensas no bo que era o rapaz en comparación con eles, ou pregúntaste como non sairía aínda peor do que saíu tendo eses pais. Neste rap denúnciase esa situación de consentimento por parte dos pais. Aquí vos deixo o enlace, tedes que abrir o rap nº 30 "El Rap de la violencia en las aulas". Acéptanse comentarios. http://www.m80radio.com/nosomosnadie/audios_raps_2006.html

2 comentarios:

ha dijo...

Ola Ara!

A ver..... o de que agora hai mais violencia nas aulas.... si, pero... violencia verbal houboa sempre, non?

E o dos pais, ainda que tou totalmente de acordo, quizais teñamos que analizar tamen como somos nos, e como eran os nosos pais cando eran como nos, e como eran os nosos profes....

No tocante ó blog, boto de menos algún... xirasol?

Araceli dijo...

Ola Vane!!!

Estou dacordo contigo en que violencia sempre a houbo, pero é que o de hoxe é desmedido porque se lle suma a faltar de respeto por TODO (persoas e cousas) que antes non había, pode ser q por medo.
Entereime de q onte entraron no colexio onde fixen as prácticas e q fixeron pintadas do tipo: "Putos profesores" e así polas paredes do edificio. Non chegaron a entrar a dentro.
Os xirasois están ó principio. Xa sabes q me encantan, pero non abusei moito de usalos. Xa está o do reloxio, je, je. Que simpática! Ti tan aguda coma sempre. Gracias polo comentario. Fai ilusión que alguén che escriba algo. Cóidate!!