
¡Ola
!
E xa estamos na recta final. Aínda que non se vía o fondo (coma na imaxe), parece que serviu para algo. [Dígoo porque foi unha materia que nos deu moito traballo, parecían interminables os traballos que había que facer, acababamos un e xa tiñamos outro enriba. Sen embargo, foi bastante útil todo o contido dela]. Dende o principio ata hoxe non deixamos de aprender, polo menos eu, que de ordenadores entendía o básico. Aprendín que unha presentación multimedia non é só texto e aprendín a valorar máis o poder da imaxe. Descubrín as utilidades do foro. Aprendín a crear un blog, que foi unha experiencia positiva. Aínda que ó principio me custaba bastante escribir nel, despois collínlle o gustillo e agora penso continuar con el.
Tamén aprendín a avaliar os distintos tipos de software educativo que hai e isto serviume para saber distinguir os que son constructivistas dos que non o son. Isto parece unha tontería pero en realidade é bastante difícil atopar software realmente constructivista.
Tamén entrei en contacto por primeira vez coas WebQuests, que significaron un cambio radical no xeito de ensinar, para min. Son realmente constructivistas (se se fan ben) porque plantexan unha tarefa inicial ó alumnado e este ten que ila elaborando coa axuda dos recursos que se lle dan xa buscados, para que o alumnado non perda o tempo buscando e seleccionando a información na rede.
E agora estamos co portafolios, que é unha ferramenta para reflexar o noso proceso de aprendizaxe. Tampouco coñecía a existencia dos portafolios e parécenme útiles tanto á hora da avaliación por parte do profesor como para a propia autoavaliación do noso traballo.
Creo que se vai botar de menos esta materia. Sen embargo, serviu para que aprenderamos as bases para así poder nós buscarnos a vida nun futuro, cando sexamos mestres/profesores. Hai que ter en conta que é moi importante estar ó día, en materia tecnolóxica sobre todo.