miércoles, noviembre 08, 2006

Software educativo

Cada vez convénzome máis de que isto das novas tecnoloxías é unha trampa. Buscando software educativo para o 2º traballo non conseguimos atopar ningún que responda ás características dun material constructivista. Iso é deprimente. Despois de insistirnos tanto en que temos que intentar ser constructivistas, métennos material conductista. Cal é o propósito? Que toleemos? Que inventemos nós o noso propio software? Algún día....

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Tes toda a razón, o material dispoñible en multimedia rara vez responde ás espectativas que temos como futuros mestres e mestras, pero non decaias, isto leva pouco tempo a andar aínda que non pareza, e podemos ser nós, os propios mestres, os que fagamos o nosos propio material, só fai falta que a administración valore esta posibilidade e nos dea o tempo para levar a cabo esta labor e non faga oídos sordos a unha necesidade palpable, coma sempre. Ánimo. Segue adiante. Unha aperta.

Araceli dijo...

Grazas! Non decaio porque eu tiro sempre para adiante, de feito xa atopei algo que realmente é constructivista: as webquests. Grazas a esta asignatura puidenas coñecer e non son tan difíciles de construír. Ó principio dan bastante lata, pero logo xa non. Empezo a ver que hai cousas q antes me parecían utopías e q agora vexo q se poden realizar.
Grazas polo teu comentario. Unha aperta.