sábado, octubre 21, 2006

Por fin!!

Ola a tod@s! Hoxe estou contenta porque por fin conseguín, despois de quedarme ata as tantas, enviar o mapa conceptual. Non era tan difícil, pero "o que non sabe é coma o que non ve". Por se tedes o mesmo problema que tiven eu dígovos como fixen para solventalo: Primeiro gardades o mapa no programa de Cmap-tools, logo tedes que darlle a "exportar" e ábresevos unha ventá para gardalo en "mis documentos", podedes escoller a carpeta que queirades. O que pasa aquí é que dádeslle a "guardar" e non o garda. Tedes que cambiarlle de nome ó archivo. Eu borreille a última parte do nome e xa mo gardou sen problema. Tedes que escoller o formato (.jpeg, .pdf, etc). Eu mandeino coma unha imaxe (.jpg). Espero que vos servise de axuda, se eu tivese alguén que mo dixese antes xa non quedaba ata as tantas para acabalo. Creo que o vou poñer tamen no foro, por se entrades nel, sempre hai máis posibilidades de que o vexades alí ca no meu blog, creo eu. Un saúdo. [estame gustando isto do blog, ten o seu aquel]

No hay comentarios: