-O cabalo, a xirafa e os elefantes poden durmir de pé!
-Sabiades que os golfiños están sempre espertos porque deixan "durmir"só un hemisferio cerebral ou o outro alternativamente? Eu non o sabía. Seica poñen a durmir un hemisferio durante 6 horas e logo o outro. Só pasan un 43% do tempo cos 2 hemisferios espertos.
Dende que escoitei unha canción que dicía
"a veces me pregunto si los peces duermen"
(http://www.rockmusic.org/daniel/FlipandoEnColores.html) comeceime tamén eu a preguntar se tódalas especies durmían. E atopeime cun libro (do que saquei toda esta información) titulado Como funciona el cerebro, de Francisco Mora. Nel aparecen todas estas curiosidades. E puiden responder a esta pregunta. Si, o peixes ó igual cós réptiles e anfibios, dormen pero non soñan, carecen de soño REM.
-Sabiades que as moscas non dormen? Teñen períodos de maior e menor actividade, pero nunca descansan, por eso son tan pesadas.
-Mentras durmimos o noso cerebro traballa moito. Pódense rexistrar cambios eléctricos na actividade da corteza cerebral. Estas ondas mídense e, a partir de aí, sábese en que fase do soño estamos mentras durmimos: soño de ondas lentas (soño non REM) e soño paradóxico (soño REM). Estes ciclos sucédense cada 90 minutos aproximadamente.
2 comentarios:
Caramba nena! te has ganado unos cuantos flotadores! menudo trabajo de investigacion...Muy interesante, sí señor; así da gusto pasearse por los blogs...
ja,ja,ja. Si, eso sería o q diría un profe q tiveches e q teño. Gracias. É un tema que sempre me chamou a atención e neste libro que estou lendo aparece todo eso, está moi interesante.
Publicar un comentario