viernes, noviembre 23, 2007

Edusim - the free 3D interactive whiteboard appliaction sample video

É alucinante (e bonito tamén) ver como cada vez máis se vai aplicando a tecnoloxía á educación, e que repaso nos dan os máis cativos no seu uso!!

sábado, octubre 13, 2007

Enlace vídeos educativos

Nesta páxina podedes atopar vídeos feitos por nenos e para nenos e tamén podedes subir os vosos propios vídeos educativos. http://www.videoseducativos.es/

viernes, octubre 12, 2007

Día de Acción do Blog

O 15 de outubro será o Día de Acción do blog e hai que falar algo sobre o medio ambiente. Eu tamén quero contribuír a falar algo sobre o tema. Non vos vou dar a bara cos problemas medioambientais tan numerosos e causados pola nosa mala acción sobre a Terra (quencemento global, desertización, etc., etc., etc.). Quería falarvos da páxina da National Geographic, que ademais de estar en inglés, ten moitos recursos para as aulas: novas, videos, etc., etc. O enlace é o seguinte: http://video.nationalgeographic.com/video/

sábado, septiembre 29, 2007

Pónse á venta o ordenador de 100$, pero non custa 100$.

Si, como o ledes. En novembro, o día 12, para ser máis exacto, pónse á venta o xa famoso portátil de 100$. O que pasa é que pagas algo máis de 100$ porque ó mercalo, é coma se mercaras 2, un é para ti, e o outro vai para un neno dun país subdesenvolvido. Boa idea, non? Pregúntome eu cantos se venderán. ...

Máis ideas do todopoderoso "Goooooooooogle"

Isto xa parece Microsoft, tanto monopolio, ... Aquí vai un vídeo sobre Google Docs

domingo, septiembre 16, 2007

Cleopatra Stratan

Esa nena tan pequena (4 anos) xa é unha artista famosa en Rumanía e en moitos máis países (en parte porque é filla dun cantante moldavo, de 37 anos, tamén coñecido). A súa canción "Ghita" non para de sonar e o seu videoclip é un dos máis vistos en internet. O certo é que é pegadiza a canción, non quere dicir que sexa boa, pero é das comerciais, que venden, e os pais estaranse forrando a conta da nena. Espero que lle garden o que gañe para pagarlle os estudos.

martes, agosto 28, 2007

Seguimos coas clases de inglés!

Ola,ola: Godbye, goodbye! Un vídeo das clases de Gomaespuma para divertirse un cacho. Adiós, adiós: Hello, hello!

viernes, agosto 24, 2007

Importancia de aprender linguas

Isto vai máis ca nada para todos eses alumnos que me dixeron: "E para que vou ter que aprender inglés?? se total non vou ir a Inglaterra??" Despois de ver este anuncio, creo que lles pode quedar claro que é moi importante saber máis cá lingua propia, je, je!

miércoles, agosto 22, 2007

martes, agosto 14, 2007

Formas da natureza

Cousas curiosas, eh?

Araceli descobre o RSS!

Pasen y vean! Neste vídeo explícase o que é o RSS e as vantaxes que ten. Eu xa me apuntei a este novo xeito de "ler en internet"!

domingo, julio 01, 2007

Ola!

cabo de incluir un chat no meu blog, por se vos animades a contarme algo, este método é máis rápido ca deixar un comentario no blog. Ala a vós! Agora déixovos que t´ño moito que facer. Mañá acabo maxisterio se todo sae ben, esperemos que si. Sorte a tódolos que esteades de exames!