Si, como o ledes. En novembro, o día 12, para ser máis exacto, pónse á venta o xa famoso portátil de 100$. O que pasa é que pagas algo máis de 100$ porque ó mercalo, é coma se mercaras 2, un é para ti, e o outro vai para un neno dun país subdesenvolvido. Boa idea, non? Pregúntome eu cantos se venderán. ...
sábado, septiembre 29, 2007
Pónse á venta o ordenador de 100$, pero non custa 100$.
Si, como o ledes. En novembro, o día 12, para ser máis exacto, pónse á venta o xa famoso portátil de 100$. O que pasa é que pagas algo máis de 100$ porque ó mercalo, é coma se mercaras 2, un é para ti, e o outro vai para un neno dun país subdesenvolvido. Boa idea, non? Pregúntome eu cantos se venderán. ...
Máis ideas do todopoderoso "Goooooooooogle"
Isto xa parece Microsoft, tanto monopolio, ...
Aquí vai un vídeo sobre Google Docs
domingo, septiembre 16, 2007
Cleopatra Stratan
Esa nena tan pequena (4 anos) xa é unha artista famosa en Rumanía e en moitos máis países (en parte porque é filla dun cantante moldavo, de 37 anos, tamén coñecido). A súa canción "Ghita" non para de sonar e o seu videoclip é un dos máis vistos en internet. O certo é que é pegadiza a canción, non quere dicir que sexa boa, pero é das comerciais, que venden, e os pais estaranse forrando a conta da nena. Espero que lle garden o que gañe para pagarlle os estudos.
martes, agosto 28, 2007
Seguimos coas clases de inglés!
Ola,ola: Godbye, goodbye!
Un vídeo das clases de Gomaespuma para divertirse un cacho.
Adiós, adiós: Hello, hello!
viernes, agosto 24, 2007
Importancia de aprender linguas
Isto vai máis ca nada para todos eses alumnos que me dixeron: "E para que vou ter que aprender inglés?? se total non vou ir a Inglaterra??" Despois de ver este anuncio, creo que lles pode quedar claro que é moi importante saber máis cá lingua propia, je, je!
miércoles, agosto 22, 2007
martes, agosto 14, 2007
Araceli descobre o RSS!
Pasen y vean!
Neste vídeo explícase o que é o RSS e as vantaxes que ten. Eu xa me apuntei a este novo xeito de "ler en internet"!
miércoles, julio 04, 2007
domingo, julio 01, 2007
Ola!
martes, junio 19, 2007
viernes, abril 27, 2007
Nenos rebeldes, pais que non os aturan. Así está o noso país.
Inclúo aquí unha nova que atopei nun xornañ gratuito, concretamente o Metro do 26 de Abril do 2007. Pinchade na imaxe para agrandala e poder ler o texto. Trata sobre unha nai asturiana dunha nena rebelde que pide que o Principado se encargue da tutela da súa filla porque ela non a aguanta. Máis ou menos, é o que di. Achégovos a nova para que a leades e opinedes. Paréceme que é moi sinxelo pasa-lo relevo e non enfrontarse cos problemas. Non sei como é a rapaza en realidade, pero non creo que non teña solución. Non hai nenos imposibles, na miña opinión, cun pouco de paciencia e a terapia axeitada pódese solucionar calquera problema deste tipo. Por outra parte non me parece nada maternal a actitude da nai, debería ser capaz de facer algo ou levala a un psicólogo que lle axude a tratar coa nena. Isto sucede con moitos adolescentes de hoxe en día, desgraciadamente, este non é un caso illado. Hai moitos pais que se queixan da conducta dos seus fillos.
É moi importante ensinarlles ós pais a tratar cos fillos rebeldes. Recoñezo que non é fácil e haberá pais que desistan no intento, ó igual que haberá outros que nin o intenten. Hai de todo. Tamén é certo que cada vez, os pais son máis e máis permisivos. Que un neno salga rebelde ou non depende en gran medida da educación que recibe, sobre todo, no ámbito familiar. Asique que non me veñan os pais dicindo que non aguantan ós seus fillos, porque cada un recolle o que sementa, como din na miña terra. Quizais estou sendo moi dura con esta nai, pero tan só é a miña opinión, cada un terá unha opinión distinta ó respecto. Agardo comentarios.
lunes, abril 23, 2007
Día do libro
Hoxe é o día do libro, (escolleuse este día, dende o ano 1930, porque foi cando morreu Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega, ano 1616) e que mellor maneira ca festexalo lendo un bo libro? Recoméndovos que vos poñades a ler un libro que vos guste, o meu favorito foi "Los Pilares de la Tierra" de Ken Follet. É coma se estiveses na Inglaterra da Idade Media, vivindo coma se foses un personaxe máis. Está moi ben narrado, na miña opinión, e "engancha". É bastante exteso, pero lese rápido porque é motivante, cada páxina incita a ler a seguinte, e a seguinte, e a seguinte, etc.
sábado, abril 14, 2007
Festa do viño!!
Ola a todos! Mañá, domingo 15, celebrase a XXVII Exaltación do viño da Ulla na parroquia de San Miguel de Sarandón (Vedra), é dicir, na miña parroquia. Estades todo invitados, je,je.
Haberá viño de balde.
Neste enlace podedes ver como foi a festa en anos anteriores:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



