viernes, abril 06, 2007

Ola!

¡¡Ola!!

Estiven ausente moito tempo, porque estiven sen ordenador. As novas tecnoloxías xa se sabe o que pasa con elas, un pouco van moi ben, outro pouco non van tan ben. Ademais, necesitan ser renovadas con frecuencia, e actualizadas. Ó igual que temos que facer nós.

Esta preciosa foto tamén ma enviaron ó blog e por iso a poño aquí. Gustoume moito. Gracias Vanesa.

Cumples!!

Ola!! Onte celebrámoslle o cumpreanos a miña curmá. A tarta non era coma esta, pero aproveito que me enviaron esta foto para dicirlle ós meus amigo e familiares q me lean, que para o meu cumpreanos quero unha tarta COMA ESTA!!!!! Q boa pinta ten. Ñam, ñam! Aínda que parece máis ben unha tarta dunha voda ... Non me importaría tela na miña, je, je, je!

sábado, marzo 24, 2007

Cambio de hora

Esta madrugada, ás dúas da mañá, cambia a hora. Teremos que darlle para diante ó reloxio. Teremos unha hora menos para saír, que pena!
Esperemos que polo menos sirva para aforrar enerxía.

martes, marzo 20, 2007

Día pocho

¡¡Ola!!

Hoxe non me atopo nada ben, teño febre e dóeme a cabeza. Espero que se me pase pronto.

Sen embargo, quería escribir algo, porque xa fai tempo que non escribo nada aquí. O venres pasado lin no xornal que un mozo de anos reclamara ante un xuíz que seus pais lle deberían subir a paga. Ó parecer, os pais pagábanlle 150€ por mes ó rapaz, o cal vivía con eles na casa. O xuíz desestimou a súa petición debdo ó baixo soldo do pai. Eu pensaba que lla ía desestimar porque xa era maior de 21 anos e non, foi porque o pai gañaba 700€. En fin, ...

Chámovos a atención sobre a idae do rapaz, non porque estea vivindo cos pais, senón polo feito de esixir unha paga dos pais a esa iade. Paréceme que esta sociedade está dexenerando moito. A min daríame vergoña que ós 22 anos, me tiveran que seguir mantendo meus pais. E encima ¡esixirlles que me paguen máis! Iso é o colmo dos colmos.

Cando se decatarán os pais de que non están educando ben ós seus fillos?? Cando os asasinen?? Sei que soa moi forte o que estou dicindo, pero é a pura realidade. Desgraciadamente, cada día enterámosnos polo xornal ou por calquera outro medio de comunicación de que unha persoa matou ós seus pais, ou á parella, etc., etc.

Esta sociedade necesita un cambio profundo. E este cambio ten que empezar no seo familiar, se non empeza aquí, no colexio levámolas de perder. Eu son das que pensa que a base de toda educación radica na familia, e por moito que se faga no colexio ou en calquera outra institución educativa, se non hai uns mínimos cubertos na familia, non conseguimos nada. Ó contrario: se na casa lle din unha cousa e no colexio lle dicimos outra ós nenos/as, o único que conseguimos é lialos máis e contribuír a crearlles un sentimento de confusión.

Si, hoxe os nenos/as están confundidos ante tanta información que reciben. Non están preparados para tratar con ela e non hai quen lles ensine a facelo. No colexio inténtase, pero cando o/a neno/a chega ó colexio, xa é tarde para empezar con esa educación, a cal tiña que ter empezado no seo familiar dende que nace a criatura.

Bueno, non vos aburro máis con isto, aínda que eu podería seguir falando largo e tendido sobre este tema. Polas cousas que estou vivindo no colexio mentras estou de prácticas, percibo claramente as carencias da educación familiar. Isto faime sentir impotente. Dáme rabia non poder facer nada. Pero é o que hai. É a sociedade que nos tocou vivir e hai que intentar cambiala aínda que non se consiga nada, polo menos intentalo, non? Eu penso seguir intentándoo, e cando traballe como mestra/profesora penso intentar cambiar a sociedade, polo menos, parte dela.

viernes, marzo 16, 2007

¡¡Cambios!!

Profesores:
- De agora en adiante, non lles poderemos poñer ceros ós nosos alumnos nas notas (ós de ESO, claro, os de primaria

teñen PA e NM nas calificacións). A nota mínima será un aínda que o exame estea en branco, ou non acertase nada.

Na miña opinión, isto é un eufemismo, para que a xente non se desmoralice; dá a sensación de que un 1 non é tan impactante coma un 0. Sen embargo, ámbalas dúas notas son suspensos.

-Tamén deixará de existir o libro de escolaridade. De agora en adiante estará todo computerizado e non será necesario pasar as notas a man ó libro de escolaridade. Isto xa o vexo mellor, e algo máis razonable, tendo en conta a sociedade na que vivimos.

lunes, marzo 12, 2007

Selectividade

¡¡OLA!!

Parece ser que de agora en adiante, a aprendizaxe de linguas estranxeiras xa é obrigatoria na educación primaria en Inglaterra, oíno agora na BBC-Radio 2.

En España, parece ser que por fin hai unha proba de comprensión oral na selectividade, no exame de inglés. Esta audición pódese escoitar ata 3 veces, non 2 como querían poñer antes.

Son boas novas, ¿ou non?

miércoles, febrero 28, 2007

¡Outra vez de prácticas!

¡¡Ola!! Xa fai unha semana e algo máis que empecei as prácticas II. Estou encantada. Son algo máis levadeiras cás de segundo porque xa non me chama todo a atención, xa sei como funciona o colexio e como se comportan os nenos. Agora só teño que analizar o transcurso das clases e reflexionar sobre a práctica que se leva a cabo en cada unha delas. Teño pensado presentar a memoria de prácticas en formato de páxina web, grazas ós coñecementos que adquirín nesta asignatura. O certo é que foi moi útil. Así queda mellor a memoria, je, je! Dá máis traballo pero agora que xa me familiaricei co frontpage, haberá que rentabilizar esas horas de "estrujamiento" de cerebro para descubrir como funcionaba o programa. ¿Ou non?

viernes, febrero 23, 2007

¡Alucinante!

Como pode haber xente que pense así?? Americanos tiñan que ser. Lede e logo xa me comentaredes: http://www.shelleytherepublican.com/ Parece ser que esta persoa é fan de G.W. Bush e dos EEUU e do catolicismo. Deféndeos a morrer. Chegou ó punto de crear a conservapedia (www.conservapedia.com, pero o enlace non vai), unha versión máis conservadora da famosa WIKIPEDIA, ó parecer para loitar contra a anti-catolización e o anti-americanismo. Tamén educan ós seus fillos na casa con material conservador e católico e totalmente patriótico. Lede o artigo da historia de Francia que está no primeiro enlace. Non ten desperdicio, nótase que odian os franceses.

jueves, febrero 22, 2007

¡O meu blog xa é totalmente meu!

¡¡OLA!!

Como xa rematou esta preciosa asignatura e xa saíron as notas: teño un, podo escribir o que queira neste blog.

A partir de hoxe renace o meu blog. De agora en adiante incluirei nel todo tipo de cousas, inquedanzas, experiencias, etc., etc., etc. Espero que vos sexa de utilidade o que inclúa neste caderno de bitácora.

¡¡Saúdos para todos!!

viernes, febrero 16, 2007

¡¡Feliz Día de San Valentín!!

Aínda que é un pouco tarde para isto: Felicidades a tódolos namorados e os que non o estean tamén.

martes, febrero 13, 2007

Virusss!

¡¡Ay!! ¡¡Que desgracia!! Hoxe non hai xirasoles, é un día triste: colleume un virus o pc e por se fora pouco agora pasoume para o pen drive. Menos mal que non perdín nada porque son precabida e teño copias de todo o que fago, porque se non ... habíame dar algo. Teño que enviar un traballo para un congreso antes do dia 16 e aínda non o acabei, se chego a perder o que teño feito, ... ¡non o quero nin pensar!

Esto das TIC está moi ben, se non fora pola xente que anda a facer mal por aí adiante. O malo son os riscos que hai que correr. Menos mal que hai solución para todo menos para a morte e puiden conbater o virus. O pen drive teño que formatealo, pero menos mal que o que tiña nel, tamén o tiña no ordenador. ¡¡Uuff!! ¡Q mal se pasa! Non llo desexo a ninguén. Por iso vos aviso de que fagades sempre copias de seguridade do que ides metendo no ordenador e que non baixedes nada que acabe en .exe de internet. Facédeme caso.

Ciao!

lunes, febrero 05, 2007

¡Atención!

Neste portal: http://www.vieiros.com hai noticias interesantes en galego. Eu rescatei esta porque me pareceu que refexa moi ben o mundo hipócrita no que vivimos. É alucinante saber que o propio co-presidente de Microsoft afirma qu mercaría un Mac se non dose porque traballa para Microsoft. Lede e comentade se queredes: CORREO DO CO-PRESIDENTE DA COMPAÑÍA A BILL GATES: "Compraría un Mac hoxe mesmo se non fose porque traballo para Microsoft" [04/02/2007 14:35] Decenas de correos electrónicos enviados entre directivos de Microsoft están a ser publicados por mor dun proceso xudicial. A empresa presidida por Bill Gates enfrontase nun xulgado de Iowa, Estados Unidos, á acusación de utilizar supostas tácticas empresariais ilegais. Entre os moitos mensaxes desclasificados até agora destaca o que Jim Allchin, co-presidente da multinacional, lle manda a Bill Gates no que asegura que compraría un Mac "hoxe mesmo se non fose porque traballo para Microsoft".

domingo, febrero 04, 2007

¡Gracias!

¡Ola! Como xa está acabando o 1º cuatrimestre do curso, quería dárvolas a tódolos que lle adicastes algo do voso tempo ó meu blog. Sorte a todos cos exames. Eu non vou poder escribir nada máis no meu ata que non remate os exames e lle dea o toque final ó portafolio. Asique, o dito: moitas gracias a tódolos que me lestes e comentastes algo aqui. ¡Sorte!

jueves, febrero 01, 2007

Plan de convivencia nos centros

¡¡Ola!!
Parece ser que por fin o goberno toma unha iniciativa de cara a previr a violencia escolar. Isto vaise levar a cabo cun plan de convivnecia nos colexios e cun órgano para previr e intervir (en caso necesario) a violencia nos centros. Tamén lles dará directrices e consellos ós cetros qu o necesiten. Segundo parece, creo que pode funcionar porq se basea en previr (aínda que tamén na intervención e actuación). Déixovos a noticia aqui por se lle queredes botar un vistazo. Saíu n xornal este gratuito que hai nas facultades, o "De luns a venres".