viernes, abril 06, 2007
Cumples!!
sábado, marzo 24, 2007
Cambio de hora
martes, marzo 20, 2007
Día pocho
¡¡Ola!!
Hoxe non me atopo nada ben, teño febre e dóeme a cabeza. Espero que se me pase pronto.
Sen embargo, quería escribir algo, porque xa fai tempo que non escribo nada aquí. O venres pasado lin no xornal que un mozo de
anos reclamara ante un xuíz que seus pais lle deberían subir a paga. Ó parecer, os pais pagábanlle 150€ por mes ó rapaz, o cal vivía con eles na casa. O xuíz desestimou a súa petición debdo ó baixo soldo do pai. Eu pensaba que lla ía desestimar porque xa era maior de 21 anos e non, foi porque o pai gañaba 700€. En fin, ...
Chámovos a atención sobre a idae do rapaz, non porque estea vivindo cos pais, senón polo feito de esixir unha paga dos pais a esa iade. Paréceme que esta sociedade está dexenerando moito. A min daríame vergoña que ós 22 anos, me tiveran que seguir mantendo meus pais. E encima ¡esixirlles que me paguen máis! Iso é o colmo dos colmos.
Cando se decatarán os pais de que non están educando ben ós seus fillos?? Cando os asasinen?? Sei que soa moi forte o que estou dicindo, pero é a pura realidade. Desgraciadamente, cada día enterámosnos polo xornal ou por calquera outro medio de comunicación de que unha persoa matou ós seus pais, ou á parella, etc., etc.
Esta sociedade necesita un cambio profundo. E este cambio ten que empezar no seo familiar, se non empeza aquí, no colexio levámolas de perder. Eu son das que pensa que a base de toda educación radica na familia, e por moito que se faga no colexio ou en calquera outra institución educativa, se non hai uns mínimos cubertos na familia, non conseguimos nada. Ó contrario: se na casa lle din unha cousa e no colexio lle dicimos outra ós nenos/as, o único que conseguimos é lialos máis e contribuír a crearlles un sentimento de confusión.
Si, hoxe os nenos/as están confundidos ante tanta información que reciben. Non están preparados para tratar con ela e non hai quen lles ensine a facelo. No colexio inténtase, pero cando o/a neno/a chega ó colexio, xa é tarde para empezar con esa educación, a cal tiña que ter empezado no seo familiar dende que nace a criatura.
Bueno, non vos aburro máis con isto, aínda que eu podería seguir falando largo e tendido sobre este tema. Polas cousas que estou vivindo no colexio mentras estou de prácticas, percibo claramente as carencias da educación familiar. Isto faime sentir impotente. Dáme rabia non poder facer nada. Pero é o que hai. É a sociedade que nos tocou vivir e hai que intentar cambiala aínda que non se consiga nada, polo menos intentalo, non? Eu penso seguir intentándoo, e cando traballe como mestra/profesora penso intentar cambiar a sociedade, polo menos, parte dela.
viernes, marzo 16, 2007
¡¡Cambios!!
- De agora en adiante, non lles poderemos poñerceros ós nosos alumnos nas notas (ós de ESO, claro, os de primaria
teñen PA e NM nas calificacións). A nota mínima será un
aínda que o exame estea en branco, ou non acertase nada.
Na miña opinión, isto é un eufemismo, para que a xente non se desmoralice; dá a sensación de que un 1 non é tan impactante coma un 0. Sen embargo, ámbalas dúas notas son suspensos.
-Tamén deixará de existir o
libro de escolaridade. De agora en adiante estará todo computerizado e non será necesario pasar as notas a man ó libro de escolaridade. Isto xa o vexo mellor, e algo máis razonable, tendo en conta a sociedade na que vivimos.
lunes, marzo 12, 2007
Selectividade
¡¡OLA!!
Parece ser que de agora en adiante, a aprendizaxe de linguas estranxeiras xa é obrigatoria na educación primaria en Inglaterra, oíno agora na BBC-Radio 2.
En España, parece ser que por fin hai unha proba de comprensión oral na selectividade, no exame de inglés. Esta audición pódese escoitar ata 3 veces, non 2 como querían poñer antes.
Son boas novas, ¿ou non?
miércoles, febrero 28, 2007
¡Outra vez de prácticas!
sábado, febrero 24, 2007
viernes, febrero 23, 2007
¡Alucinante!
jueves, febrero 22, 2007
¡O meu blog xa é totalmente meu!
¡¡OLA!!
Como xa rematou esta preciosa asignatura e xa saíron as notas: teño un
,
podo escribir o que queira neste blog.
A partir de hoxe renace o meu blog. De agora en adiante incluirei nel todo tipo de cousas, inquedanzas, experiencias, etc., etc., etc. Espero que vos sexa de utilidade o que inclúa neste caderno de bitácora.
¡¡Saúdos para todos!!
viernes, febrero 16, 2007
martes, febrero 13, 2007
Virusss!
¡¡Ay!! ¡¡Que desgracia!! Hoxe non hai xirasoles, é un día triste: colleume un virus o pc e por se fora pouco agora pasoume para o pen drive. Menos mal que non perdín nada porque son precabida e teño copias de todo o que fago, porque se non ... habíame dar algo. Teño que enviar un traballo para un congreso antes do dia 16 e aínda non o acabei, se chego a perder o que teño feito, ... ¡non o quero nin pensar!
Esto das TIC está moi ben, se non fora pola xente que anda a facer mal por aí adiante. O malo son os riscos que hai que correr. Menos mal que hai solución para todo menos para a morte e puiden conbater o virus. O pen drive teño que formatealo, pero menos mal que o que tiña nel, tamén o tiña no ordenador. ¡¡Uuff!! ¡Q mal se pasa! Non llo desexo a ninguén. Por iso vos aviso de que fagades sempre copias de seguridade do que ides metendo no ordenador e que non baixedes nada que acabe en .exe de internet. Facédeme caso.
Ciao!
lunes, febrero 05, 2007
¡Atención!
domingo, febrero 04, 2007
¡Gracias!
a tódolos que lle adicastes algo do voso tempo ó meu blog. Sorte a todos cos exames. Eu non vou poder escribir nada máis no meu
ata que non remate os exames e lle dea o toque final ó portafolio. Asique, o dito: moitas gracias a tódolos que me lestes e comentastes algo aqui. ¡Sorte!
jueves, febrero 01, 2007
Plan de convivencia nos centros
martes, enero 30, 2007
Windows Vista
¡Ola
!
Microsoft pon á venta en tendas de 70 países o seu Windows Vista, un novo sistema operativo que pretende xestionar mellor a explosión de medios dixitales e protexer ós usuarios dos perigos en Internet. Soa ben, ¿verdade? Só lle faltaba ser sofware libre, ¡ja, ja, ja!










