viernes, enero 26, 2007
¡Un tractor que labra só!
lunes, enero 22, 2007
¡É a última clase!
sábado, enero 20, 2007
A ver se acertades:
¡¡Por fin!!
que me leades!! ¡¡Por fín rematei a memoria das prácticas!! ¡¡E o traballo de Organización!! Xa só queda o traballo de bases, o portafolio e tres máis de linguistica aplicada, e xa remato. ¡Buff! Case nada, pero polo menos séntese un máis libre cando remata algún. viernes, enero 19, 2007
O paso dos anos
!!
jueves, enero 18, 2007
A Blogueira máis nova
!!
Este é o caso dunha nena de 8 aniños que xa ten un blog no que publica ¡case tódolos días! Chámase Paula e é galega, de Boiro. Este é outro sinal de que a sociedade está avanzando e de que os mestres nos quedamos atrás. Espero que poidamos pillarlle o ritmo.
Teño que recoñecer que me cundíu este xornal, ¡eh! Case nunca merco o xornal, e un día que o merco atopo unha chea de cousas relacionadas coas TIC e a educación. Será sinal de que cada vez se fala máis delas porque empeza a haber unha conciencia colectiva sobre a súa utilidade e o seu potencial. É sinal de cambio.
WebQuests para todos!
martes, enero 16, 2007
SQUEAK
!!
Que tal vai todo? Esquecínme de falar de Squeak!
Que é un programa con base constructivista, baseado nas teorías de Bruner, principalmente. Na última clase puidemos ver como nenos dunha escola americana traballaban con este programa e aprendían xogando. Podían experimentar, observar e contrastar hipóteses ata chegar a unha conclusión. Pareceume algo fantástico e algo que debería existir para tódalas materias e en tódolos centros educativos.Haberlas, hailas!
que me estean lendo! Sempre hai alguén que le o que escribes, aínda que non nos decatemos! Ja, ja :) Por un lado está moi ben, para iso se fai o blog, non? O que pasaba é que eu pensaba que isto non o lía ninguén, pero ¡¡Siiiii!!
viernes, enero 12, 2007
¡Un vídeo de proba!
Este vídeo púxeno de proba. É q me apetecía poñer un vídeo musical no meu
. Non é que me gustara pola canción nin polo video, foi simplemente polo calendario dixital e táctil que se pode ver no comezo do video. Paréceme algo interesante. Eu quero un así!! Alguén sabe se se fabrican aqui?? O malo é q os Reis xa marcharon, ji, ji.
Tamén adxunto a foto do calendario ou organizador ou como se chame:
Bromas a parte, aquí é onde se ve que os que teñen cartos son os q teñen máis oportunidades de acceder ás últimas tecnoloxías. Deberían ser máis accesibles. Deberiamos potenciar o software libre. Xa me enterei tamén de que hai un ordenador portátil de 100$ pero aqui non se comercializa, de momento! Tamén é dunha empresa de software libre. Dende aqui, doulle as gracias ós que se adican a facer desas cousas e anímoos a que sigan. [sinceramente, non creo que ninguén o lea, pero a intención é o q conta, non?]
miércoles, enero 10, 2007
Violencia nas aulas
viernes, diciembre 15, 2006
Chegou o Nadal!!








