lunes, febrero 01, 2016

TIC, TIC, TIC.

A experiencia eTwinning foi e segue a ser bestial! Dende que o coñecín xa non concibo o ensino sen el. O alumnado está motivado e aprende mellor (de xeito máis significativo) e quédanse coas cousas por máis tempo. Favorece a aprendizaxe competencial e colaborativa. Anímovos a que probedes, se aínda non o fixestes.

Agora estou cun novo reto: as UDIs (Unidades Didácticas Integradas) nas que tamén contemplo os proxectos eTwinning, claro. Xa me familiaricei coa plataforma Prográmame do mestre Óscar Abilleira (www.recursoseducativos.net) e xa empecei a deseñalas aí. É unha idea moi atractiva e espero que cale no resto do profesorado do meu centro para podelas poñer en práctica de xeito realemente integrado.

sábado, enero 26, 2013

2013

Este ano que acaba de entrar, empezou forte!, con novos retos. Un xa o superei (o obradoiro da Ponte das linguas sobre a Resposta Física Total) e o outro, un posible proxecto eTwinning!! Por fín nos decidimos a meternos coa videoconferencia con outros colexios de Europa! A ver como sae! Xa iremos contando! Ata máis ver!

lunes, marzo 22, 2010

Festa do Viño da Ulla

Estimados lectores/as, cada vez queda menos para o mes de abril e con el, ven a festa do viño da Ulla. Xa van alá 30 anos da súa exaltación, celebrarase (se Deus quere) o día 11 de abril en San Miguel de Sarandón, Vedra. A entrada é libre e estades todos convidados/as. Aquí vos deixo o programa da festa. No apartado de enlaces tedes o blog da festa por se queredes comentar ou suxerir algo. Saudiños.

sábado, marzo 20, 2010

Bilingüísmo e multilingüísmo

Xusto o que non temos nós, paradóxicamente, somos unha sociedade con 2 linguas oficiais e cada vez a idea de ser bilingüe parécese máis a unha utopía. No canto de fomentar o uso das dúas linguas por igual o que se fai é darlle ós pais a oportunidade de elixir a lingua de escolaridade dos fillos/as (pais que pensan que o galego non seve para nada máis ca para falar en Galicia). Como van estas persoas escoller obxectivamente se non coñecen nin saben o que é unha lingua. Baséanse na visión utilitarista e instrumental das linguas. Tódalas linguas serven, non hai linguas máis ou menos útiles ca outras. As linguas son unha parte da nosa cultura, e como tales, actúan como vehículo de transmisión da cultura, costumes, modo de ver o mundo, de pensar, etc. Se non permitimos que cada un coñeza as súas linguas como é debido, estámoslle quitando un dereito e unha oportunidade de ser doutra maneira. O feito de ser bilingüe é moi enriquecedor, predisponte a aprender outras linguas con máis facilidade. Ser multilingüe axuda a desenvolver a intelixencia, está demostrado. Por iso non entendo como hai xente que aínda pense que unha lingua non serve para nada. Dende aquí, humildemente, ínstovos a que fomentedes o multilingüismo.

Novos escritores e TICs

Ola a todos/as!! Hoxe estou moi contenta porque descubrín que unha ex-alumna miña ten un blog no que publica os seus propios relatos e faino moi ben. Quen o ía dicir, unha alumna que tiña faltas de ortografía en 1º da ESO agora escribe relatos sen ningunha falta e moi ben redactados, o que fan as Tecnoloxías da comunicación, eh!! O blog desta rapaza é Pálida Sombra. Quero que isto sirva de exemplo para docentes de linguas, se queredes que escriban ben, mandádelles facer un blog de algo que lles guste, veredes como escriben.

jueves, enero 07, 2010

Ano novo, entrada nova!

Mimá! Xa facía un tempiño que non escribía nada aquí. xa pasaron un montón de cousas: casei e independiceime. Aínda q só son dúas cousas, son dous cambios moi grandes. Supoño q é lei de vida. Vivir en parella é moi bonito, tes máis tranquilidade porque andas ó teu aire, o malo é q tes q ser responsable, non tes quen estea encima túa sempre e é difícil non se deixar levar polos vicios e non facer todo o q che gusta, pero hai q facelo. Je, je! Un xa vai grandiño e ten q ter sentidiño. O que está moi ben é facer as cousas entre os dous, eso é o mellor de todo. A min non me gusta moito facer as tarefas da casa pero se é co meu home, fanse con máis gusto, ata resultan divertidas. Ata máis ver!

jueves, septiembre 10, 2009

Curso novo, vida nova

Ola a todos/as, Xa fai tempo que non escribo aquí, pero non me esquezo. Hoxe comeza o novo curso e con el, cole novo para min. Agora estou no CEIP Pérez Viondi, de A Estrada. O cambio foi brutal. Pasei dun colexio pequeniño a un "linea 3" bastante grande. Polo menos só vou dar clases de inglés e os cursos están separados, non están agrupados distintos cursos na mesma aula. Voulles dar clase ós máis pequenos: todos os de infantil menos un grupo de 4 anos, todos os primeiros e dous segundos. Somos sobre 20 profesores no cláustro e todos son moi simpáticos, cáenme ben todos menos un, (sempre hai unha ovella negra no rabaño, ji, ji). O de "vida nova" do título vai porque vou casar este sábado, coincidindo coa volta ó cole e iso supón un "gran cambio" na vida de calquera. Espero que todo salga ben e non pasen máis desgustos, que xa tivemos abondos. Agora queda desfacerse cos neeeeeeeerrrrvios e ultimar os detalles que faltan. Os últimos días son matadores, entre atender ós invitados que che veñen traer os agasallos, ir polos traxes, ir á peluquería, levar os detalles para o restaurante antes, coller as alianzas, etc., etc., etc., e non paramos. Que ben vai sentar a lúa de mel para relaxarse de tanto estrés. Parece unha tontería pero estou máis estresada agora co da voda ca nunca, e iso que estiven traballando e mais estudando e facendo o doutoramento ó mesmo tempo e durmía 5 horas e non estaba así! Esto consome a calquera. Menos mal que a min, os nervios, empezáronme fai dous días, porque se me chegan a dar antes seguro que xa non chego ó sábado viva. Buuuffffff!!!!! Bueno, vou volver ó choio. Saudiños para todos/as! :P

sábado, febrero 14, 2009

Siftables

That's amazing!! I have discovered the Siftables: kinds of toy blocks that THINK! Yes! They are tiny computer block that interact with each other to make networks (and music, too!). But watch it yourselves, explained by their author: David Merrill at the following link: http://www.ted.com/index.php/talks/david_merrill_demos_siftables_the_smart_blocks.html

viernes, octubre 31, 2008

Novo Blog

Ola a todos e todas! De agora en adiante vou escribir menos neste blog porque veño de facer un blog para o colexio onde traballo. Sen embargo, isto non quere dicir que vaia a abandonar este, só que comentarei máis cousas no outro, asique se queredes estar ó día do que fago no cole, xa sabedes visitade o noso blog e cmentade, por favor! Este é o enlace: http://ceipsanxoanbautista.blogspot.com Espero os vosos comentarios e suxerencias. Estas novas profes que aprobaron a oposición canda min, que comenten e dean ideas, please! Saúdos a todos e todas!

sábado, octubre 04, 2008

Tributo a Nevado

Sei que isto non pinta nada aquí, pero é que tiña un gatiño precioso, o máis bonito do mundo. E digo tiña porque mo atropelaron onte á noite e agora xa non o teño. Asique para que o coñezades vou publicar aquí algunhas fotos del, para recordalo. Non me afago á idea de estar sen el, o certo e q o vou botar moito, moito de menos.

Segunda fase das oposicións

Ola a todos/as!! Por fin acabou o estrés das oposcións. Agora estou na fase de prácticas e o certo é que non é menos estresante!! Teño alumnos de todolos tipos (bos, rebeldes, intelixentes, menos intelixentes, casos de PT a montóns, etc.) Vamos, que non me aburro. Teño sorte que os compañeiros de traballo me caen ben (todos menos un, je, je, sempre ten que haber unha ovella negra no rabaño, non?) e o traballo lévoo ben, dentro do que cabe. Estou cerca da casa (a 35 minutos en coche). O malo é que son a única profesora de inglés do colexio (porque é un colexio pequeno) e téñolle que dar clase a tódolos alumnos do cole, incluídos os de infantil. Os máis pquenos cóstanme algo máis porque non estou acostumada a tratar con eles. Os que máis me gustan son os de 6º. Ademais de dar inglés, tamén dou coñecemento do medio en 6º e plástica e lecturas en 2º e 3º (que están na mesma aula debido a que son poucos). O que máis mal levo é iso de ter dous cursos xuntos na mesma aula. Temos os de 2º e 3º nunha aula e os de 4º e 5º noutra. Para min estes grupos resúltanme máis difíciles de levar por iso e ademais porque hai rapaces de PT que che dificultan aínda máis o traballo, pois esixen unha atención constante que non lles podes prestar debido a que tes que atender ó grupo enteiro. Ademais, tamén me ofrecín a limpar e organizar o labratorio do colexio (que estaba destinado a almacén e non se usaba) para usalo en coñecemento. Ademais, tamén temos encerado dixital na aula e estoume poñendo ó día con el, onte xa dei a miña primeira clase nel co sde 6º en coñecemento. Está xenial! Os nenos/as están moi motivados por traballar no encerado dixital e todos queren sair voluntarios. Encántame ver como se divirten aprendendo. Eu tamén estou aprendendo moito!! Son demasiado boíña para este traballo, e teño que aprender a ser algo máis mala e esixirlles máis. Isto estame custando enormemente! Ós de 6º fíxenlles un exame de coñecemento da primeira UD o mércores pasado e só me suspendeu unha alumna. O certo é que estaban bastante ben os exames, cumprían os criterios de avaliación, pero outra profesora díxome que fora bastante xenerosa corrixindo. Terei que ser máis dura, a ver se me sae, pero non prometo nada. Deséxolles moita sorte ás miñas compañeiras que tamén están na fase de prácticas. Espero que lles vaia moi ben. Saúdos a todos/as.

jueves, junio 26, 2008

Protesto!!

Ola a tódolos/as bloger@s do mundo, en especial os de Brasil, que son os que máis entran no meu blog, je, je! Xa fai moito tempo que non escribo nada porque estou bastante liada, pero o outro día pasou algo que non me cabe no corpo se non o manifesto. Estou opositando para educación primaria, o sábado dia 21 foi o exame escrito das oposicións (parte A da proba). Resulta que redistribuiron a xente que estaba matriculada, supoño que para igualar o número de opositores matriculados por tribunal. O caso é que a xente que se matriculara nun sitio, ó final tivo que ir para outro. A única maneira de saber para onde te mandaran era estando atentísimo/a á páxina web da Xunta (máis ca do teu email) e mirar tódolos días a ver se había algo distinto. Houbo xente que non o fixo así e non se enterou de que os cambiaran de sitio, polo tanto, non acudiron o día da presentación ó sitio onde tiñan que ir. Estivemos agardando por eles un chisco pero como non aparecian, o tribunal procedeu a excluilos do proceso como di a convocatoria. Como por arte de maxia, (na miña opinión, dalgun/ha fada/o madriña/padriño, se se me permite o atrevemento)ó día seguinte pola mañá a Xunta comunícalles a estas 4 persoas que estaban readmitidas no proceso e que se tiñan que presentar no sitio que lles correspondía para facer a parte A da proba. Ata aquí ben, o malo é que o resto dos 503 opositores de toda Galicia tivemos que estar agardando case 2 horas a que chegaran ó sitio no que tiñan que ter aparecido antes. No canto de comezar o exame ás 10:00 h. como estaba previsto, tivéronnos agardando, consumíndonos dos nervos, ata ás 11:45 h. (Se o sei madrugo menos!!) Non me parece xusto para os demáis opositores, nin axeitadas as medidas que tomaron. Podíanlles deixar examinarse no sitio no que estaban e non ter a toda Galicia agardando por eles. Xa poden ser importantes. Heime fixar se sacan praza. Saúdos a todos/as!!

sábado, febrero 23, 2008

Tecnoloxía

Os móbiles seguen evolucionando. Mirade este video de demostración de todo o que se pode facer nun i-Phone.

lunes, febrero 04, 2008

O cerebro

Neste enlace da National Geographic podemos ver as partes do cerebro explicadas e as partes que se activan cando recibimos determinados, estímulos de xeito interactivo. Está bastante ben. Stimulate the brain